Saúdo da Alcaldesa

Benvid@s á web do Concello do Incio, unha ventá aberta a través da cal queremos dar a coñecer o noso municipio ó resto do mundo, e o mesmo tempo unha porta pola que os incian@s poidan acceder directamente ós múltiples servizos que presta o seu Concello.
O Incio é un municipio de interior que destaca pola beleza das suas paisaxes agrarias e naturais, a pegada da cultura castrexa e o megalitismo, a arquitectura humana como a Igrexa de Hospital, e unhas tradicións arraigadas e singulares como as Danzas da Cervela ou a Feira de Artesanía e Etnografía.
En definitiva esperamolos no noso pobo, un pobo cun esperanzador futuro que os acollerará e lles dará o mellor que ten.

Unha aperta;
Laura Celeiro

DSCF3562