Patrimonio natural

A continuación figuran emprazamentos de interese paisaxístico do noso municipio.

Encoro de Vilasouto
naturalEncoroVilasouto

A Confederación Hidrográfica do Norte acordou reter e embalsar as augas do río Mao no ano 1966, dadas as apremiantes necesidades hídricas dos veciños do Val de Lemos.

As obras concluíron no 1969. Conta cunha rede principal de canles de distribución de 78.500 metros e unha rede de acequias de 147.000 metros aproximadamente, regando terras dos concellos de Bóveda, Monforte e Sober.

O encoro inundou casas e terras, e cambiou a paisaxe da zona, principalmente das parroquias de Vilasouto, Eirexalba e Goo. Hoxe podemos contemplar un mar de auga encaixoado entre Monte Agudo e Pena Furada, e que chega ó pé deste outeiro.

Á dereita, a igrexa e Vilarreguenga, e ó fondo Vilasouto e a presa do encoro. Antes, desde o mesmo lugar, poderíamos contemplar, no comezo do val, as casas grandes de Pacios, unha zona chea de prados de regadío, o río Mao discorrendo tranquilo entre eles e o lugar de Vilanova (Vilasouto), onde moita xente ía ó muíño.

No que atinxe á pesca, nestas augas está autorizada todo o ano para ciprínidos e black bass. Está ademais permitida a pesca a flote.

As cifras deste encoro de Vilasouto, a día 23 de xuño de 2008, son:
• Volumen total (Capacidad): 20,52
• Hm3 : 19,65
• % : 95,77
• Uso: A/R