Introducción

Ó chamado val do Incio síguelle o de Viduedo.
A paisaxe é unhas veces suave i amantiña;
i outras, rexa severa e grandiosa.
Millor dito, os dous tipos de paisaxe danse a mao:
a forte paisaxe do carballo e das fragas
i a donda paisaxe dos prados e dos castiñeiro…

culturaIntroPaisaje

Unha vez máis doínme de non ser pintor paisaxista.
Pintaría ista terra brava de contrastes;
levaría o mundo da arte ista Galicia arredada,
según decía o padriño,
tan diferente da Galicia do cromo e do tópico literario.

Ánxel Fole. Terra Brava Andadas

 

DATOS XERAIS

O Concello de O Incio, cunha superficie de 146,2 Km2, atópase situado no sur da provincia de Lugo, nunha zona de transición entre a Depresión de Monforte e a Serra do Courel. Neste mapa aparece a localización do municipio dentro da Comunidade Autónoma Galega.

O municipio pertence á comarca lucense de Sarria, situada no sur da provincia de Lugo. A comarca sarriana está formada polos concellos de: Sarria (capital comarcal), O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos e Triacastela.

culturaIntroGalicia culturaIntroLugo