Axudas económicas para paliar os danos producidos polo lobo

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor dos/as titulares de actividades gandeiras afectados/as polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2016.

No caso do Concello do Incio a axuda incrementa un 30% o estar o noso Concello incluido na Zona 1 do Plan de Xestión do lobo en Galicia.
Prazo de presentación : 29/12/2015 – 11/02/2016.

Máis información: CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA DE LUGO
Ronda da Muralla, 70 27071 LUGO Teléfono: 982294393 Fax: 982294539

facebookfacebook

Axudas para agricultores mozos, para pequenas explotacións e para plans de mellora

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda:http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151229/AnuncioG0426-231215-0004_gl.html

Prazo: Ata 18/03/2016

Resumo:

A Consellería de Medio Rural vén de convocar axudas para investimentos en explotacións agrarias, para incorporación de agricultores mozos e para o impulso a pequenas explotacións. O prazo de solicitude das axudas, con cargo ó Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020, será do 18 de xaneiro ó 18 de marzo, ambos incluidos.

Plans de mellora nas explotacións agrarias

Serán subvencionables, entre outros, os seguintes custos:

– A construción, adquisición ou mellora de bens inmobles.

– A compra de nova maquinaria.

– Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola (árbores e arbustos froiteiros, a excepción dos incluídos na medida 8 do PDR de Galicia 2014-2020).

– A compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.

– Adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos.

Non serán subvencionables a compra de dereitos de produción; plantas anuais e a súa plantación; investimento de simple substitución; maquinaria de segunda man; custos de conservación e mantemento ou os derivados do funcionamento da explotación; os montes baixos de ciclo curto; maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, e a maquinaria e equipamentos de carácter forestal.

Priorizaranse ás explotacións que, entre outras características, incorporen ou teñan incorporado nos 5 últimos anos un agricultor mozo, as que creen novas unidades de traballo agrario, as que presenten solicitude de axuda para proxectos innovadores ou integrados, as que teñan a condición de explotación prioritaria, as explotacións de montaña e ecolóxicas e ás de titularidade compartida.

A axuda será dun 40% dos custes elixibles, incrementables ata un máximo do 80%. O orzamento destinado para esta medida é de 36 millóns de euros.

A creación de empresas para agricultores mozos

Considéranse agricultores mozos os que teñen entre 18 e 40 anos e se establezan por primeira vez como titulares, cotitulares ou socios dunha explotación agraria. O inicio do proceso de instalación debe ser igual ou anterior, cun prazo máximo de 12 meses, á solicitude da axuda, pero non pode estar xa rematado.

As modalidades de primeira instalación de agricultores mozos son as seguintes:

1) Acceso mediante titularidade exclusiva dunha explotación preexistente ou de nova creación.

2) Acceso mediante cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria.

3) Integración como socio/a nunha entidade asociativa preexistente ou de nova constitución, que sexa titular dunha explotación agraria prioritaria ou que adquira esta condición coa incorporación do mozo, no caso de ser de nova creación.

4) Acceso mediante titularidade compartida da explotación.

A axuda para agricultores mozos divídese en dous tramos cunha contía básica de 20.000 euros, ampliables ata os 70.000 euros. O orzamento previsto para esta medida é de 18 millóns de euros.

Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións

A axuda ascenderá a un global de 15.000 euros e estará ligada á execución dun plan empresarial que deberá ter unha duración de 18 meses desde a aprobación da axuda.

Os solicitantes deben reunir, entre outros, os seguintes requisitos:

– Ser titular dunha pequena explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

– Residir na comarca onde radique a explotación ou nunha comarca limítrofe.

– A explotación debe requirir un volume de traballo equivalente, como mínimo, á metade dunha unidade de traballo agrario imputable ao titular da explotación. Esta unidade de traballo agrario manterase durante os cinco anos posteriores ao pagamento final da axuda.

Priorizaranse as explotacións cunha orientación produtiva principal hortícola ou frutícola, que sexan ecolóxicas e que estean situadas en zonas desfavorecidas. O orzamento previsto para esta medida é de 3,5 millóns de euros.

Fonte: www.campogalego.com
facebookfacebook

O Apalpador visitará o Incio

O apalpador baixará na tardiña de hoxe ás Terras do Incio dende as montañas do Caurel e Lóuzara. A primeira parada será Piornedo ás 15:30 horas, Residencia de Maiores do Incio ás 16:00 horas, Punto de Atención á Infancia ás 16:30 horas, 17:00 horas no Local de Eirexalba, 17:30 no Local Social de Vilademouros e 18:00 horas no Local Social da Cervela. apalpador

facebookfacebook

Remata a Exposición Pública do PXOM

cropped-culturaIntroPaisaje.jpgO Concello do Incio cerrou onte o prazo de exposición pública do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), ó que se presentaron unhas 150 alegacións. A gran maioría solicitudes que se refiren os cambios na clasificación do suelo. Propietarios que reclaman que os seus terreos, que agora son suelo rústico, figuren como núcleo rural e o réves, que pasen de suelo de núcleo rural a suelo rústico. Os veciños/as do Incio tiveron un prazo de dous meses nos que para facilitar a exposición ó público o Concello tamén mantivo as oficinas municipais abertas tres tardes ó longo da semán. Unha vez cerrado o prazo de alegacións, os redactores do PXOM procederán a informar sobre as propostas e o documento será levado de novo a pleno para a sua aprobación provisional. Posteriormente o plan terá que ser remitido á Xunta para que dé o seu visto bo definitivo para posteriormente publicarse no DOG. Esperamos ter aprobado o novo plan a finais do ano que vén.

 

facebookfacebook

Felicitación de Nadal 2015

A gañadora do V concurso de postais de nadal organizado polo Concello do Incio é Antía Fernández López de cinco anos de idade, veciña de Airexe na parroquia da Cervela  e estudante do Colexio Antonio Fernández de Oural. Grazas a tódolos nenos e nenas por participar!!

anverso

facebookfacebook

O Instituto Galego de Vivenda e Solo adxudicará próximamente sete vivendas de promoción pública no Incio

A Comisión Provincial de Vivenda e Solo iniciará próximamente o procedemento para a adxudicación de sete vivendas de promoción pública que se están construíndo no Incio. As vivendas constan de tres dormitorios, salón, cociña, baños, tendedeiro, garaxe e rocho, cunha superficie útil de 90 metros cadrados. As persoas interesadas en optar a estas casas unifamiliares deben estar inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia. Para realizar este trámite, poden consultar a web do Instituto Galego de Vivenda e Solo ou dirixirse a sua sede en Lugo, na rúa Ramón Ferreiro. Máis información no teléfono: 982294602

facebookfacebook