II Recollida de plásticos agrícolas 2015

Que o Concello do Incio vai poñer en marcha a SEGUNDA RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS 2015.Os plásticos depositaranse os días 14 e 15 de decembro e recolleranse o día 16 de decembro nos puntos habilitados a tal efecto nas diferentes parroquias do municipio. Unha vez feita a recollida NON se poderán depositar máis descargas de plásticos ata novo avisoComo sabes SÓ SE RECOLLERÁN PLÁSTICOS AGRÍCOLAS DE SILO OU INVERNADOIRO. Os plásticos deberán estar atados en fardos. NON se poderán levar restos de leña, herba, residuos voluminosos, etc, nin depositar rodas nin garrafas de plástico.

facebookfacebook

III Campaña solidaria de recollida de alimentos non perecedeiros

Que o Concello do Incio por terceiro ano consecutivo ten previsto levar a cabounha recollida de alimentos non perecedeiros e de primeira necesidade para repartir en lotes o día de noiteboa entre as familias máis desfavorecidas do municipio.
Os alimentos que máis interesan son: leite, azúcar, aceite, galletas, fariña, conservas, legumes, arroz, garbanzos, fariña.Etc.
O punto de recollida atopase situado na entrada do Concello do Incio debidamente sinalizado e, onde cada quén poderá depositar os alimentos que estime oportunos en horario de 08:00 a 14:00 horas de luns a venres e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.
A campaña solidaria estára operativa do 9 de decembro ó 22 de decembro.

facebookfacebook

A Xunta de Galicia pón en servizo o treito entre o enlace do Incio e Bóveda

A Xunta de Galicia pon hoxe en servizo o treito de 9 quilómetros entre o enlace do Incio e o enlace de Bóveda que completan a Vía de Altas Prestacións Sarria-Monforte.
Desde hoxe, estará plenamente operativa esta infraestrutura coa apertura do tramo que conecta o enlace do Incio con Bóveda, correspondente ao treito 2, que ten unha lonxitude de preto de 9 km e supuxo un investimento de máis de 43 millóns de euros.corredor Lugo-Monforte

facebookfacebook

V Edición “Mercar no Incio ten premio”

Esta semán comenza unha nova edición do programa “Mercar no Incio ten premio”. Un concurso que xa vai pola quinta edición e que ten como finalidade dinamizar o pequeno comercio do noso municipio. Tódolos clientes que merquen nos establecementos adheridos entre o día 21 de novembro e o 6 de xaneiro participarán nun sorteo que se celebrará o día 8 de xaneiro de 2016 ás 12:00 horas no Concello do Incio.

Os premios son os seguintes:

1º PREMIO UN VALE DE 150€ Para gastar en calquera dos establecementos adheridos.
2º PREMIO UN VALE DE 100€ Para gastar en calquera dos establecementos adheridos.
3º PREMIO UN VALE DE 75€ Para gastar en calquera dos establecementos adheridos.

Os vales poderán canxearse de xaneiro a marzo 2016.

Os establecementos adheridos son:

A Cruz do Incio:
Xastre Confeccións,
Roupa Maruja,
Supermercado Claudio,
Sampedro y López,
Carnicería O Incio,
Farmacia do Incio,
Panadería Romo,
Ferretería Garabato,
Bodega Terra Brava,
Café Bar Togú,
Café Bar Paradis Rural,
Café Bar A Baioca,
Taller Aruasi,
Peluqueria Noelia,
Santa Cruz de Oural:
Café Bar Pereira
Val do Mao:
Cantinas do Campo e Benigno
Lebón:
Cantina Millara
regalo

facebookfacebook

V Concurso de postais de nadal

BASES V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL  Imagen (113)

  • O concurso está dirixido a rapaces/zas ata os 12 anos.
  • O tamaño da postal será de medio folio en formato horizontal ou vertical,
  • O tema das postais será o nadal.
  • Os traballos entregáranse no Concello do Incio ou por correo postal acompañados dun sobre no que constarán os datos do rapaz/a (nome, apelidos e teléfono)
  • A postal gañadora será elixida para felicitar o nadal por parte do Concello do Incio. Tódol@s participantes recibirán un agasallo por participar no concurso.
  • O prazo para presentar os traballos remata o 4 de decembro de 2015.
  • O xurado será nomeado polo Concello do Incio e as suas decisións serán inapelables.
facebookfacebook

Anuncio: Xuíz de Paz substituto O Incio

Imagen (273)OBXECTO.-
Elección de Xuíz de Paz  Subsituto do Concello do Incio, por un período de catro anos.
CONDICIÓNS.-
1º- Ser español e maior de idade
2º- Non estar incurso nas causas de incapacidade previstas no art.303 da Lei Orgánica do Poder Xudicial así como as incompatibilidades sinaladas no art.389 e ss., a excepción do exercicio de actividades profesionais ou mercantís.
SOLICITUDES.-
As solicitudes irán dirixidas á Sra. Alcaldesa, presentándose nas dependencias municipais en horario de oficina de 9 a 14 horas.
Deberán acompañarse os documentos seguintes:
.- Certificado de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.
.- Certificado de antecedentes penais.
.- Declaración xurada de non estar incurso en causas de incompatibilidade.
.- Xustificación dos méritos que poida alegar.
PRAZO.-
15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

facebookfacebook

Convocatoria Ben Empregado II, Fase II

Poderán anotarse nesta convocatoria extraordinaria, as persoas desempregadas que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria do Ben Empregado II publicado no BOP nº143, de data 24 de xuño. Os requisitos son: Ser desempregados da provincia de Lugo maiores de 16 anos, Empadroados en calquera municipio da provincia de Lugo e/ou inscritos na correspondente oficina de emprego. Quedan excluídos os que se atopen en Situación de Mellora de Emprego e estar en posesión da titulación requerida para o posto de traballo solicitado.
Duas empresas do Incio participan nesta nova edición do Ben Empregado II: ECOTER SC e VILOIRA SC.
Poderán solicitar UN PERFIL por persoa dos publicados na listaxe “Entidades Desertas” nos modelos propios da convocatoria. Prazo de presentación: 9 de novembro ata o 19 de novembro de 2015, ambos incluídos.

Máis información

facebookfacebook

Bono de aluguer social

As subvencións do programa do Bono de Aluguer Social están destinadas a atender con carácter urxente ás unidades de convivencia que precisen, por estar inmersas en situacións de especial dificultade, dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, paliando deste xeito os efectos derivados dunha resolución xudicial ditada nun procedemento xudicial de desafiuzamento por impago das rendas da súa vivenda habitual ou, no seu caso, evitando o lanzamento efectivo da mesma.
As axudas consisten en:
bonos de aluguer social cunha contía de 150 € mensuais. Concédense por un período de ata 12 meses, que poderá prorrogarse, previa solicitude do interesado, por un período igual ao da concesión inicial.
axuda adicional de 450 € para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou, no caso de permanecer na mesma vivenda, para atender cantidades pendentes.

BENEFICIARIOS
Esta axuda está dirixida ás persoas afectadas por procedementos xudiciais de desafiuzamento por impago de rendas.

Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as que cumpran os seguintes requisitos:

 1.- Ter sido parte, en calidade de persoa arrendataria, dun procedemento de desafiuzamento por impago de rendas, derivado dun contrato de arrendamento de duración non inferior a 12 meses.

  • Que entre a presentación da solicitude da axuda e a data da notificación da resolución xudicial de terminación do procedemento de desafiuzamento por impago de rendas non transcorreran máis de 3 meses.
  • Que teñan a residencia na Comunidade Autónoma de Galicia durante polo menos 12 meses anteriores á data da solicitude da axuda.
  • Que sexa titular ou estea en condicións de subscribir un contrato de arrendamento nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa, ou vaia a constituír, o seu domicilio habitual e permanente.
  • Que a renda do contrato de arrendamento que se subvenciona non poderá superar os importes sinalados no artigo 6.
  • Que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, computados conforme establece o artigo 4, sexan inferiores a 1,5 veces o indicador público de efectos múltiples (IPREM).
  • Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña unha vivenda en propiedade ou en usufruto no territorio nacional.
  • Que a persoa arrendataria nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia non teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora. Así mesmo, que non exista vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata segundo grado, coa persoa arrendadora. Este mesma esixencia aplicarase cando a parte arrendadora sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus socios ou partícipes.

2.- A persoa beneficiaria non pode ser arrendataria de vivendas xestionadas polo IGVS.

3.- As persoas membros da unidade de convivencia deberán estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa administración pública da Comunidade Autónoma, do Estado e da Seguridade Social, e non estar incursos en ningún dos outros supostos previstos no artigo10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

LÍMITE DE INGRESOS
Os beneficiarios do Bono de Alugueiro Social non poderán superar os ingresos máximos que se indican na táboa:

Nº membros unidade familiar
1,5 veces IPREM
Mensual
1
745,51
2
1.035,44
3
1.164,87
4
1.331,28
5 ou máis
1.553,15

Considerase unidade de convivencia ao conxunto de persoas que habitan nunha mesma vivenda de forma habitual e permanente e con vocación de estabilidade, con independencia da relación que exista entre todas elas. Unha unidade de convivencia pode estar composta por varias unidades familiares. A composición da unidade familiar será a que se estableza na normativa reguladora do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
A existencia de discapacitados na unidade familiar valorase a través da ponderación de ingresos e os fillos concibidos no momento da axuda e aínda non nacidos computaranse como un membro máis da unidade familiar.

RENDA DAS VIVENDAS
A renda mensual máxima a pagar polos beneficiarios do Bono de Aluger Social non pode superar os seguintes importes:

  1. 400 €, para as vivendas situadas nos concellos de A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra
  2. 350 €, para as vivendas situadas nos concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
  3. 300 €, para as vivendas situadas no resto de concellos.

Estas contías poderán ser incrementadas ata un 20% no caso de que as persoas arrendatarias sexan integrantes dunha familia numerosa ou dunha unidade de convivencia onde necesiten unha vivenda adaptada para algún dos seus membros.

 PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN

De conformidade co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o procedemento de concesión das axudas reguladas nesta orde efectuarase en réxime de concorrencia non competitiva para poder atender a todas ás solicitudes que se vaian presentado ata o esgotamento do crédito previsto na convocatoria.
As axudas serán convocadas a través da correspondente orde, que establecerá os prazos de solicitude e o financiamento de cada convocatoria.

PAGO
O IGVS realizará o pago da axuda na conta do arrendador, unha vez comprobado que o inquilino realizou o pago da parte que lle corresponde (os inquilinos comunicarán ao IGVS o pago do alugueiro achegando un comprobante bancario do mesmo).

CONVOCATORIA 2015
A convocatoria de 2015 realízase a través da Orde que publica o DOG o 28 de agosto de 2015.
A convocatoria de 2015 conta cun orzamento total de 1.020.000 euros en tres anualidades.
As axudas previstas nesta convocatoria, teñen carácter plurianual para os exercicios 2015, 2016 e 2017:

2015
2016
2017
Total
255.000€ €
455.000 €
310.000 €
1.020.000 €

En 2016 realizarase unha nova convocatoria

PRAZO DE SOLICITUDE CONVOCATORIA 2015

  1. Arrendatarios respecto das que se lle tivera ditado unha resolución xudicial de terminación dun procedemento de desafiuzamento por impago de rendas nos tres meses anteriores á data de publicación desta orde. O prazo de solicitudes será de un mes a partir da publicación da Orde no DOG.
  2. Resto de casos: ata o 30 de novembro de 2015 ou ao esgotamento da partida orzamentaria.
facebookfacebook

Reforma 15. Axudas para reforma de cociñas ou baños

Son axudas do IGAPE a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño, para a reforma do seu fogar en Galicia, que ademais se complementarán con un desconto do propio establecemento de venta de Galicia que se adhira a esta convocatoria.  As axudas solicítanse directamente nun establecemento adherido, entre o 6 de outubro e o 16 de novembro de 2015 (ou ata agotar o crédito dispoñible).
A compra mínima é de 1.000 euros (sen impostos) e pódense comprar: materiais de construción e para rehabilitación de cociñas e baños (azulexos, baldosas, …) ou pezas de mobiliario de cociña ou baño, quedando excluídos os electrodomésticos e as obras.
A compra máxima subvencionable é de 5.000 euros (sen impostos) en unha ou varias veces.
A axuda do IGAPE é dun 20% do importe de compra calculado antes de impostos (co límite de 1.000 €). Adicionalmente a tenda que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe.
Pode pedilas calquera persoa maior de idade que acredite a súa vinculación con un domicilio en Galicia (propietario ou inquilino). Só unha persoa por domicilio, é só un domicilio por persoa solicitante da axuda.
Se vostede é un particular interesado en adquirir materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño para a reforma do seu fogar en Galicia, o seu interlocutor será un establecemento de venda que colabore co IGAPE na tramitación do Progama, que estarán debidamente identificados mediante o cartel “Establecemento Adherido”.
Teléfono de información: 900 81 51 51

facebookfacebook

Gañadores/as concurso literario de Eirexalba

1º CICLO

1º Premio.- Dana Campo Rodríguez (CEIP Ricardo Gasset,O Incio)

2º Premio.- Aldara Campo Rodríguez (CEIP Ricardo Gasset,O Incio)

3º Premio.- Luisito Fernández Piñeiro (CEIP Ricardo Gasset,O Incio)

2º CICLO

1º Premio.- María Lago Díaz (CEIP Eduardo Cela Vila, Triacastela)

2º Premio.- Aitana Valcárcel López (CEIP Ricardo Gasset,O Incio)

3º Premio.- Luis Manuel Moscoso Neira (CEIP Ricardo Gasset,O Incio)

3º CICLO

1º Premio.- Beatriz López Souto (CEIP Frei Luís de Granada, Sarria)

2º Premio.- Marta Mourelo López (CEIP Ricardo Gasset,O Incio)

3º Premio.- Sandra Lago Casas (CEIP Eduardo Cela Vila, Triacastela)

 

 

facebookfacebook