Talleres de Nutrición: Eres o que comes

Coa axuda dunha nutricionista aprenderemos técnicas para levar a cabo un estilo de vida saudable e hábitos alimenticios que se requiren para beneficiar as capacidades de corpo e mente. Dun xeito ameno e divertido descubriremos cómo alimentarnos mellor pois en definitiva: Eres o que comes.

Os talleres de nutrición impartiranse en horario de 21:00 a 22:00 e serán gratuitos non sendo preciso anotarse previamente.

8 abril Sala de Lectura do Incio // 10 abril local social de Eirexalba// 14 de abril local social de Vilademouros// 15 de abril local social da Cervela// 17 de abril local social de Barbaín//22 abril local social do Val do Mao//24 de abril local social de Valbón e 29 de abril local social da Ferrería.

 

 

facebookfacebook

En abril ponte as pilas

Trátase dun programa dirixido a tódolos veciños/as do municipio co que pretendemos concienciar da necesidade de facer exercicio para ter unha vida máis saudable. As actividades deportivas consistirán en ximnasia de mantemento, aerobic, zumba. Etc

Este programa levarase a cabo no mes de abril no multiusos do Incio e nos locais sociais da Cervela e Vilademouros. As clases serán de 1 hora de duración.

É unha actividade gratuita. A segunda semán de abril comenzaremos coas reunións nos tres lugares de cara a establecer os horarios e os grupos.

Para inscribirse hai que chamar ó teléfono do Concello 982427014.

facebookfacebook

Deputación e Concello do Incio poñen en valor a Casona do Incio

Deputación e Concello do Incio poñen en valor a casona do Incio. As obras contan cun orzamento inicial de 250.000€. A alcaldesa, Laura Celeiro, subliñou “cumprindo co compromiso que adquirín cos veciños/as do Incio poñemos en valor este edifico emblemático co obxectivo de darlle un uso social. Aproveitaremos a localización da Casona, que se sitúa no centrcasona Io da capitalidade, para dinamizar a economía social ao ofrecer neste espazo novos servizos con carácter eminentemente social”.

facebookfacebook

O Concello do Incio ofrece asesoramento para solicitar as axudas de renovación de lousados e fachadas

O Concello do Incio ofrece asesoramento para solicitar as axudas de renovación de lousados e fachadas. O DOG vén de publicar tres convocatorias para a renovación de tellados, lousados e paredes exteriores de vivendas ou edificios. A subvención pode chegar ata o 30%. O prazo remata o 13 de xuño ou incluso antes se se esgotan os fondos destinados. Tódalas persoas que teñan dúbidas ou precisen axuda coas solicitudes poden dirixirse ás oficinas do Concello do Incio. Toda a documentación pode presentarse ademáis dende o Portelo Único do Concello.

facebookfacebook

Axudas para pagar a factura eléctrica

Aberto o prazo ata o 30 de abril da axuda para pagar a factura eléctrica correspondente ao segundo semestre de 2014. Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autonóma de Galicia que teñan ao seu cargo fillos menores de 18 anos e un gasto derivado da subministración eléctrica na súa vivenda habitual. Os ingresos totais da unidade de convivencia non deben superar 1,5 veces o IPREM. Para tramitar estas axudas podes poñerte en contacto coa área de servizos sociais do Concello do Incio.

facebookfacebook

O Incio, Concello dinámico

manualidades Barbaín IMG_7277 manualidadesRematan as actividades de dinamización sociocultural organizadas polo Concello do Incio, que contan co financiamento da Deputación de Lugo. Baile, Manualidades e Risoterapia foron as actividades que se desenrolaron nos meses de decembro a febrero de 2015 e no que participaron medio cento de vecinos/as do municipio.

facebookfacebook