Curso de cestería no Incio

O multiuso11s do Concello do Incio acollerá un curso de iniciación á cestería do 6 de abril ó 26 de maio de 2015, os luns e martes das 16:00 a 20:00 horas. A matrícula custa 30€ e  o número de prazas é limitadas. Para apuntarse na web do centrad ou no concello do Incio: 982427014

 

facebookfacebook

Entrega de diplomas programa “Sempre en Activo”

A Deputada Sonsoles López acompañada da Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro entregaron os diplomas os participantes do programa “Sempre en Activo” posto en marcha pola Deputación de Lugo na Residencia de Terceira Idade do Incio. Pola tarde sería o turno dos grupos do Concello do Incio e Barbaín.

Nesta iniciativa pioneira participaron medio cento de veciños que aprenderon a manexar as novas tecnoloxías.

IMG_2659

 

 

 

 

 

facebookfacebook

Os veciños de Reboiro rehabilitarán a sua igrexa

foto Igrexa IIOs veciños/as da parroquia de Reboiro rehabilitarán a cuberta da igrexa parroquial grazas a unha axuda de 19.000€ da Deputación de Lugo. O tellado do edificio presenta un importante deterioro pola existencia de filtracións de auga, o que provoca danos na estructura. Subsituirán as vigas que se atopan en mal estado e colocarán un novo entablado e unha cuberta de pizarra.

facebookfacebook

Inauguración local social de Vilademouros

concello 3 concello 2 foto concelloOs vecinos de Vilademouros celebraron por todo o alto a inauguración do local social da parroquia. Á estrea asistiu a Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez e a Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro e membros da Corporación Municipal.

No acto levouse a cabo a firma do Convenio por 20.000€ que a Deputación de Lugo aportou para o acondicionamento interior deste local.

facebookfacebook