ESTRATEXIAS DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

No Diario Oficial de Galicia núm. 84 do 3 de maio de 2016, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio fai pública a Orde do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2016, confianciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Este Concello de O Incio en data 29/11/2016 solicitou unha subvención ao abeiro desta Orde para a elaboración dunha “ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL COA FINALIDADE DE INTEGRAR A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO NA XESTIÓN E PLANIFICACIÓN PÚBLICAS.
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio comunicou a concesión desta subvención, según notificación da resolución de concesión de data 9 de setembro de 2016.
Dita Estratexia de Sustentabilidad Ambiental é un principio xeral consistente en “determinar e elaborar medidas que permitan mellorar continuamente a calidade de vida para as actuais e futuras xeracións mediante a creación de comunidades sustentables capaces de xestionar e utilizar os recursos de forma eficiente, para aproveitar o potencial de innovación ecolóxica e social que ofrece a economía, garantindo a prosperidade, a protección do medio ambiente e a cohesión social”
Conscientes diso, o concello de O Incio dótase mediante a presente Estratexia de sustentabilidade ambiental dunha ferramenta onde enmarcar as decisións en materia de política municipal dentro da adaptación ao cambio climático, isto é: que a acción municipal non responda só a criterios urbanísticos, económicos, de demanda dos veciños, etc. (para todo iso hai instrumentos de planificación específicos) senón tamén a criterios de adaptación ao cambio climático.

Memoria_cronograma_O Incio

IMG_20170127_132348875IMG_20170127_132355906

 

 

facebookfacebook